ÁMBITOS

_cabecera ÁMBITOS

As vilas e cidades intermedias son a cabeza visible da meirande parte do territorio galego, e como tal, están chamadas a xogar un papel determinante dentro do sistema de articulación de Galiza, construido a partir de diferentes fortalezas que determinan estes ámbitos.

– ESPAZOS DE TRABALLO: A actividade económica amosa fortalezas para autoabastecerse ao mesmo nivel que áreas urbanas.

contencion laboral

– PUNTOS DE RIQUEZA: A renda per cápita está en nivéis de grande fortaleza, derivando ao igual que nas cidades das rendas do traballo, fronte a espazos fortemente subsidiados.

renda per capita

– POLOS DE ATRACCIÓN: A súa condición de centralidade dentro dos seus ámbitos vese demostrada no ratio de poboación vinculada, que chega a superar ata nun 70% ao censo de residentes.

poboacion vinculada

– PUNTOS DE SERVIZO: Uns dos valores urbanos por defición son os servizos, e o peso deste sector nos ámbitos a tratar é comparable ao das cidades referencia da comunidade.servizos

Partindo cun proxecto sólido, fronte a sistemas desarticulados e que non ofrezan unha visión de futuro clara, teñen a oportunidade de redefinir e fortalecer o seu papel de centralidade nos ámbitos dos que son soporte, camiñando cara modelos inclusivos e sostibles no marco das liñas estratéxicas europeas.