Os problemas de mobilidade e de espazo público son moi frecuentes nas vilas e parroquias. O EME (estudo de mobilidade e espazo público) aborda estas cuestións de xeito transversal.
O estudo consiste en combinar as tomas de datos e a análise técnica da realidade do concello con diversas actividades de participación para a veciñanza, que van dende os mapeos colectivos ata talleres de proposta, e que implican aos habitantes na toma de decisións.
O EME trata:
– Afeción de novos viais ou de cambios de sentido.
– Conflitividade social por cambios na estrutura urbana.
– Viabilidade da peatonalización de vias interiores.
– Creación de roteiros e conexión de espazos.
– Revalorización do patrimonio cultural e material.
– Creación de novos espazos púbicos.
– Humanización de prazas e vías.
– Mellora da accesibilidade e da seguridade viaria.
– Rexeneración de áreas degradadas.
As actividades de participación van encamiñadas a implicar á veciñanza na toma de decisións, facéndoa corresponsable dos cambios que se producen nas súas vilas.
Tamén sirven para aprovitar o coñecemento do lugar que teñen os habitantes, como expertos no seu territorio, das problemáticas que existen no seu entorno. Así, o EME axústase máis ás necesidades reais do lugar para mellorar a habitabilidade.
O resultado do EME é un documento que recolle as estratexias para a mellora da habitabilidade no concello, acadando propostas concretas destinadas a dinamizar os espazos urbanos, que chegan ata a escala de anteproxecto, e que proveñen da conxunción da información técnica coa aportación dos veciños e veciñas do lugar.
Trátase polo tanto dunha ferramenta básica para a:
-MELLORA DA MOBILIDADE E A CALIDADE URBANA
-CAPTACIÓN DE FONDOS PÚBLICOS E IMPLICACIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS