RENOVACIÓN URBANA

_r_urbana

A Rexeneración Urbana, tanto nos usos como nos espazos físicos, é un eixo de traballo clave para a administración local na procura da calidade ambiental, o desenvolvemento económico e a cohesión social.

A variedade das axudas para execución de intervencións, con prazos curtos de presentación, fan necesario anticiparse e ter na recámara diferentes accións previstas que permitan o maior aproveitamentos das fondos dispoñibles.

Os ARU permiten á administración local contar con antelación coa documentación precisa, adaptada para a xestión das diferentes axudas existentes.

fotomontaje
anteproxecto de ordenación de O Calvario – O Rosal

Os ARU son ferramentas para o acceso áxil ás axudas, pero tamén son unha fonte de ideas para os espazos públicos dunha localidade que poden servir para avaliar previamente, cos grupos municipais ou coa cidadanía, o grao de aceptación dunha proposta concreta de transformación.

Conteñen: unha memoria descritiva da proposta, planimetría, orzamento estimado do custo das obras, e imaxe ou imaxes de resultado destinadas a facer máis comprensible a idea ao público non especializado. A profundidade de cada un dos apartados dependerá das esixencias da axuda a solicitar.

A axilidade de redacción dos ARU permite ademáis facer propostas de interconexión de espazos públicos entre eles, con estratexias apoiadas nunha visión global da vila.