INTRODUCIÓN
Atópase aberto o prazo de presentación de solicitudes para concellos interesados en colaborar coa Xunta de Galicia no marco do Plan Hurbe, para a realización de obras con destino a uso ou servizo público encadrado dentro dalgún dos tres programas existentes.
· EQUIPAMENTOS PÚBLICOS
· HUMANIZACIÓN DE RÚAS
· URBANIZACIÓN E MELLORA DE ESPAZOS PÚBLICOS
O obxecto de ditas axudas é dotar ós concellos de espazos axeitados para a prestación de servizos de lecer, recreativos e culturais; mellorar a seguridade, accesibilidade e o benestar dos veciños e finalmente a conservación e recuperación de espazos públicos para a súa posta en valor como espazo social, cultural e económicamente activo.
FILOSOFÍA
Por todo esto, as propostas que se acheguen á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio deberán contar ademáis dun Anteproxecto e Estimación Orzamentaria, cunha MEMORIA VALORADA que amose a pertinencia das intervencións.
Taller de Estrategias Ciudadanas, como equipo consultor transdiciplinar, entende que o éxito na convocatoria pasa por detectar as necesidades de cada Concello, podendo elaborar así propostas que xurdan das demandas por parte da parte da poboación e permitan artellar proxectos sólidos, cribles e con capacidade multiplicadora e socializante do investimento.
Apoiándose en tecnicas SIG (sistemas de información xeográfica), os modelos de microconsulta participativa e a transdiciplinariedade do noso equipo, aportaremos a diferenciación necesaria ás propostas para a captación dos fondos en calquera das tres categorías.
METODOLOXÍA
Nun proceso de achegamento multisectorial de dúas semanas, realizarase unha diagnose das capacidades/necesidades do municipio, partindo dunha consulta coa Equipa de Goberno e un Encontro Cidadá coa que recadar información de alto valor para a xustificación do interese sociocomunitario do proxecto.
A partir de aí, o equipo de Taller de Estratexias, da man da Corporación Municipal, elaborará as propostas de intervención dos espazos con meirande capacidade transformadora, buscando potenciar ao máximo as posibilidade de éxito da petición, incluíndo na Memoria Valorada resultante, liñas de traballo e contidos específicos para os espazos a intervir.
CONTIDOS
O resultado do proceso xerará a documentación necesaria para a solicitude do procedemento «MT200A-plan HURBE», incluíndo os anteproxectos e estimacións orzamentarias necesarias, pero aportando ademais na memoria valorada toda a información de reforzo para xustificar a pertinencia das accións.
ORZAMENTO E PRAZOS
Establécense dúas modalidades de colaboración para a elaboración das
propostas de petición da axuda MT200A
OPCIÓN 01 – DIAGNOSE E REDACCIÓN DAS PROPOSTAS
* Entre 6 e 8 semanas, en función do número de proxectos
* Diagnose de 2 semanas
* Entre 4 e 6 para a elaboración de anteproxectos e memorias valoradas
* Solicitar orzamento
OPCIÓN 02 – REDACCIÓN DAS PROPOSTAS SEN DIAGNOSE PARTICIPATIVA
* Entre 1 e 2 semanas para a recollida de datos
* Entre 3 e 4 semanas para a redacción do anteproxecto e memoria valorada
* Solicitar orzamento