MOBILIDADE de OIA

 

ENQUISA DE MOBILIDADE

ENQUISA DE MOBILIDADE PARA O PLAN DE MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE (PMUS)  DO CONCELLO DE OIA.

[FORMULARIO ONLINE DISPOÑIBLE NESTE LINK] : ENQUISA OIA

Este cuestionario forma parte do Plan de Mobilidade Sustentable  para o Concello de OIA. Precisamos da súa colaboración para poder ter en conta as opinións da veciñanza á hora de elaborar estratexias que afectan ao territorio. O cuestionario é totalmente anónimo, e os datos aportados usaranse para o estudo da mobilidade.

 

¿EN QUE CONSISTE O PLAN?

Estamos a analizar a mobilidade de OIA, como parte do proceso de implantación do PLAN DE MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE (PMUS).

O obxectivo deste PMUS é atopar, entre todos, maneiras de mellorar a mobilidade no concello:  facela máis sustentable ecolóxica e económicamente, aumentar a eficiencia no sistema de desprazamentos e facilitar hábitos máis respectuosos co medio ambiente e que melloren o aproveitamento dos recursos, ademais de  en facela accesible a todos de xeito seguro, reducindo as barreiras arquitectónicas e mellorando a relación entre o peón e o coche, así como o acceso aos transportes públicos.

Para conseguir isto estudaremos durante os próximos meses, con distintas metodoloxías,  os desprazamentos a pé, en bicicleta, en vehículo privado ou no transporte público…

 

¿EN QUE CONSISTE ESTE CUESTIONARIO?

É moi útil  porque aporta información sobre  os desprazamentos habituais, aparcamento, e sobre as preferencias no modo de transporte.  Buscamos recoller informacións importantes que soamente teñen vostedes, por seren os principais expertos no funcionamento diario do lugar. Estas informacións, xunto coas achegas feitas durante as actividades de participación, axudarannos a redactar un plan máis realista e adaptado ás necesidades reais das persoas.

 

¿QUE PASARÁ DESPOIS?

A información aportada pola veciñanza, xunto coas tomas de datos e análise técnicas, servirán para preparar estratexias e propostas concretas que pasarán a formar parte do plan. Estas propostas estarán integradas nas liñas de actuación financiable pola Unión Europea no marco dos Fondos Estructurais e de Inversión Europeos, Horizonte 2020, o mecanismo “Conectar Europa” e outros instrumentos de subvención estatais e autonómicos. O PMUS entregarase ao concello como documento de base para a toma de decisións e a busca de financiación en materia de mobilidade. Así mesmo, os Plans de Mobilidade dos concellos da provincia serán recompilados e analizados pola Deputación de Pontevedra para elaborar estratexias conxuntas de mellora da mobilidade e de integración territorial a escala provincial.

 

COMO RESPOSTAR?

– Poden contestar á enquisa todas as persoas maiores de 12 anos de idade residentes en OIA, ou visitantes habituais. Os menores entre 12 e 16 anos é preferible que o fagan coa axuda dunha persoa adulta, pero sen que esta conteste por eles.

– É necesario dar resposta a todas as preguntas do formulario (agás as referidas ao uso do coche se non posúe un).

– Pódense consultar as dúbidas directamente á equipa técnica a través de info@tallerdeestrategias.com.

 

AGRADECEMOS MOITO A SÚA COLABORACIÓN!

A súa aportación será tida en conta para a elaboración do plan.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s